O BNG chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses nos concertos de Castrelos
A fronte nacionalista critica a “opacidade e o carácter discrecional” da decisión sobre quen actúa no auditorio e pide incluír bandas locais como teloneiras en lugar do “mitin de autobombo” do alcalde
Ana Martínez: “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello excluíndo estes grupos ano tras ano da programación”
15 abr. 2024 - 11:30
O Bloque Nacionalista Galego chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses na programación de concertos de Castrelos. A fronte nacionalista reacciona así aos primeiros anuncios por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticando a “opacidade e o carácter discrecional” na selección sobre quen actúa no auditorio e que cada verán “marxina” o talento musical da cidade.
“Existe no Concello unha equipa técnica que deseña o programa de concertos atendendo a criterios de diversidade, igualdade e calidade? Ou a selección recae nunha persoa en función dos seus gustos particulares?”, cuestionou a este respecto a concelleira do BNG de Vigo, Ana Martínez, quen lamentou que en anos anteriores fora “testemuñal” a presenza de artistas mulleres, bandas locais e grupos de música tradicional galega.
Por estes motivos, a edil nacionalista demandou o Goberno municipal que garanta na programación deste ano unha presenza significativa de música en galego e de artistas locais. “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello cara a estas persoas que se forman, estudan, compoñen e ensaian aquí, e ven como son excluídas dos grandes concertos de Vigo”, salientou.
Martínez pediu nese sentido que sexan grupos locais os que actúen como teloneiros en Castrelos en lugar do habitual “mitin de autobombo” do alcalde. “Quen debe protagonizar os concertos é a música e non Abel Caballero, por iso demandamos que elimine dos contratos a cláusula que obriga aos artistas a aceptalo (ou soportalo) como presentador, para que as bandas da cidade teñan a oportunidade de toca no mellor auditorio ao aire libre do país”, asegurou.
Dende o BNG solicitaron tamén contar coa música tradicional galega “na que Vigo somos potencia” dentro da programación. “O Concello se empeña en tratala música de segunda e a esquece nos grandes eventos”, lamentou a concelleira nacionalista, reclamando que os concertos de Castrelos sexan parte dunha política cultural que “entenda a cultura como dereito” poñendo en valor a creación en todos os estilos e propostas musicais e dando visibilidade ao talento musical da cidade.