Novas
O BNG pide que o Concello de Vigo actúe contra a empresa de seguridade dos museos
15/feb./2020
- Denuncian que a adxudicataria inda non lle pagou ao seu persoal a paga extra de nadal, non renovou a uniformidade nin realizou a formación obrigatoria anual.
- Esta empresa xa tivo mensualidades impagadas o pasado ano e podería ver embargadas as súas contas poñendo en risco o abono dos salarios ordinarios.
- O Goberno municipal é coñecedor desta situación desde hai varias semanas e non adoptou ningunha decisión.