O BNG de Vigo denuncia o veto do PSOE a unha declaración institucional polo asalto da Flotilla a Gaza
Afea a negativa socialista “sen ningún argumento” na Xunta de Voceiros ao texto para reclamar a inmediata liberación das activistas secuestradas por Israel, entre elas sete galegas e galegos
Expresa a disposición a apoiar unha declaración alternativa se esta recolle unha “posición clara e nítida” por parte do Pleno fronte á acción ilegal israelí contra a Global Sumud Flotilla
Xabier P. Igrexas: “A diferenza da frivolidade e do sectarismo de Abel Caballero, dende o BNG non vamos rexeitar unha declaración só porque a propón outro grupo”