O BNG defenderá no Pleno de Vigo a mellora do SAF e o reforzo do sistema público de dependencia
Traslada unha moción que esixe da Xunta que reverta os recortes no servizo e garanta protocolos de protección, e do Goberno municipal que atenda as demandas do persoal
Alerta de que o Goberno galego esgota a bolsa de horas autorizadas para o SAF de Vigo e deixa ás persoas sen resposta, con 2.200 en lista de agarda
Xabier P. Igrexas: “A situación actual é insostíbel e profundamente inxusta, tanto para as persoas dependentes e as súas familias como para as traballadoras”