Parlamento galego
O BNG demanda a implicación de todas as administracións para completar definitivamente a rexeneración da Ría de Vigo
08/feb./2019
_A fronte nacionalista reclama un maior investimento tanto da Xunta como do Goberno español, para tomar as medidas necesarias que poñan fin ás verteduras de auga sen depurar.
_O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, insiste na necesidade de separar as augas pluviais das fecais na rede de saneamento da cidade para evitar a sobrecarga da EDAR.