estaleiro
Novas
vulcano 01

O BNG levará a Parlamento e Congreso a esixencia de continuidade da actividade naval no antigo Vulcano

A deputada, Carmela González, e o concelleiro, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro con representantes do Comité de Empresa do antigo Vulcano.

Critican o silencio do Goberno municipal de Vigo e instan o alcalde, Abel Caballero, a opoñerse a calquera intento de resolver a actual concesión portuaria até que haxa garantías de continuidade do estaleiro.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que se feche un estaleiro fundamental para a construción naval de Vigo para poñer contedores. Esta parcela ten que dedicarse, si ou si, a reparar e construír barcos

Ler novas
Novas
vulcano

O BNG de Vigo esixe ao PP que cese na súa campaña contra o naval e asegure o futuro da actividade no antigo estaleiro Vulcano 

Xabier P. Igrexas: “As declaracións de onte de Enrique López Veiga son infames e verifican que o único que pretendía o PP desde a Autoridade Portuaria era finiquitar o estaleiro para destinar a parcela a outros usos”. 

A fronte nacionalista manterá mañá, xoves, un encontro co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada após a sentenza sobre a concesión portuaria e anunciar iniciativas políticas en favor da continuidade da actividade naval nas gradas de Teis. 

Ler novas