O BNG afea que Caballero pase de prometer 6.000 vivendas a contratar apenas 27 tras case dúas décadas na Alcaldía
A fronte nacionalista considera que a licitación para a construción da promoción de Esturáns, aprobada esta mañá, evidencia a ausencia dunha política pública de vivenda tras 6.947 días no cargo
O Bloque propón enfrontar a emerxencia habitacional cun Plan de Choque con 40 millóns de euros dos remanentes municipais para incorporar 250 vivendas a un parque público antes de rematar este ano 2026
Xabier P. Igrexas: “Xa é hora de actuar diante da situación de emerxencia habitacional que padece Vigo, e iso pasa por mobilizar todos os recursos e todas as capacidades para dotar de maneira urxente a maior cidade de Galiza dun parque público de vivenda protexida e social”