Novas
O BNG pide a Abel Caballero que esixa ao Goberno español unha rectificación por negar 50 millóns de investimentos para Vigo
26/nov./2021
A fronte nacionalista traslada unha carta ao alcalde de Vigo para instarlle a que “descolgue o teléfono e exerza a influencia da que presume en relación a Pedro Sánchez”
Xabier P. Igrexas: “O que lle dicimos a Caballero é que en lugar ter a palabra Vigo na boca, transmita con firmeza ao seu goberno que atenda as emendas parciais formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado de 2022 para a cidade”.