O BNG esixe a Caballero que “explique en Vigo o que vai pedir a Madrid” e reclama transparencia sobre a candidatura do Mundial 2030
A fronte nacionalista volve reclamar que se publique o dossier da candidatura e o seu custo económico, que se encargue un estudo independente para valorar o seu retorno e que se cree unha Comisión Informativa Especial
Denuncia que, diante do que podería ser o maior investimento municipal en décadas, non se pode pedir un “cheque en branco” sen llo explicar ás viguesas e aos vigueses
Xabier P. Igrexas: “Se se quere que a candidatura sexa realmente de Vigo, primeiro ten que ser un proxecto da cidade e non só un proxecto do alcalde”