Pleno
O BNG de Vigo pide ao PSOE no Pleno que rectifique o “atropelo antidemocrático” de negarlle grupo municipal
01/xul./2019
- Xabier P. Igrexas cualificou de “disparate xurídico” a resolución de alcaldía que o designa como “non adscrito” e esixiu que se respeite a vontade das case 8500 viguesas que co seu voto o elixiron concelleiro.
- O BNG votou en contra das propostas do grupo de Goberno relativas ás asignacións de grupos, dedicacións económicas, comisións informativas e representantes en organismos municipais.
- A fronte nacionalista opúxose tamén á modificación de orzamentaria formulada polo Goberno e volveu defender que o millón de euros de Ryanair se destine ao Plan Municipal de Emprego e non a concertos das Festas.