O BNG demandará que o Pleno de Vigo rexeite a criminalización das baixas laborais da Xunta do PP
Defenderá unha moción contra a proposta do Goberno de Rueda para endurecer o control sobre as baixas pese a que Galiza ten o segundo menor índice de todo o Estado
Reclama reforzar a Atención Primaria, abandonar a estratexia de privatización da saúde laboral a través das mutuas e máis políticas de prevención ante a elevada sinistralidade
Xabier P. Igrexas: “O PP trata as traballadoras e traballadores como vagos e maleantes e ao persoal sanitario como estafadores”