pleno
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG carga no Pleno de Vigo contra a inexecución orzamentaria "crónica" do Goberno de Caballero con 225 millóns de remanentes

A fronte nacionalista alerta de que o Concello deixou o pasado ano 150 millóns sen gastar mentres incrementa a presión fiscal, as privatizacións e o abuso dos contratos menores

Revela que case a metade das obras remataron custando máis do inicialmente previsto e no 86 % dos contratos apareceron excesos de medición próximos ao límite legal

Xabier P. Igrexas: “A Conta Xeral de 2025 destripa a propaganda e demostra o moito que o Goberno municipal deixou de facer polas viguesas e polos vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo defenderá no Pleno medidas para protexer e valorizar os montes como “pulmón verde” da cidade

A fronte nacionalista demanda máis medios para reforzar a conservación, accesibilidade e valorización do principal patrimonio ecolóxico e social da cidade

Propón a declaración de Vigo como “cidade libre de eucalipto” e outras especies pirófitas, que o Concello destine 1 millón de euros anuais para atender os montes, un plan de accesibilidade, un programa de patrimonio e mais actividades de sensibilización

Xabier P. Igrexas:  “O modelo de apagar lumes no verán e aplicar parches improvisados está totalmente esgotado, cómpre unha estratexia de prevención estrutural e ordenación cunha visión de futuro”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde abandonan o Pleno

O BNG de Vigo abandona o Pleno do Saltamontes en protesta pola negativa de Caballero a comparecer

A fronte nacionalista acusa o Goberno municipal de converter a sesión extraordinaria, convocada pola oposición, nunha “pantomima” polo veto do alcalde a dar a cara

Lamenta que 686 días despois do accidente mortal non teña dado ningunha explicación sobre a xestión da concelleira de Seguridade, imputada por homicidio imprudente

Xabier P. Igrexas: “Hoxe todas as viguesas e vigueses saben que se o alcalde tertuliano, que todo comenta e todo opina, non se somete ao control do Pleno é porque non quere”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo recorre á Valedora do Pobo para denunciar o veto de Caballero á súa comparecencia sobre o accidente mortal do Saltamontes

Tras a desestimación do seu recurso de reposición, a fronte nacionalista acusa o alcalde de vulnerar dereitos fundamentais e de converter o Pleno extraordinario nunha “pantomima” para evitar dar explicacións

Considera que a ratificación da imputación penal por homicidio imprudente da concelleira de Seguridade fai aínda máis necesario que o alcalde “dea a cara”

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero leva 682 días sen responder a ningunha pregunta nin dar ningunha explicación sobre un accidente nunha atracción que estaba funcionando a pesar de non contar con permiso municipal”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa

O BNG esixe rectificar o veto de Abel Caballero a comparecer no Pleno extraordinario polo caso Saltamontes

A fronte nacionalista acusa de “desvío de poder e fraude de lei" a decisión do alcalde de Vigo de eliminar a súa intervención da orde do día da sesión convocada pola oposición

Advirte de posíbeis accións legais en caso de que o rexedor non rectifique

Xabier P. Igrexas: “O PSOE pasa de exercer o absolutismo a directamente avanzar nunha vertente autocrática, con Abel Caballero pasando de alcalde a autocoroarse emperador"

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e FIlipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG Vigo levará ao Pleno o rexeitamento ao desfile militar e esixe transparencia sobre o seu custo e compensacións á veciñanza afectada

A fronte nacionalista denuncia o “carácter militarista e españolista” dunha exhibición que choca co compromiso pacifista da inmensa maioría das viguesas e vigueses

Demanda que se compense á veciñanza polos graves prexuízos que está a padecer por causa dos preparativos do desfile, singularmente o feche de instalacións deportivas

Xabier P. Igrexas:  “O que precisa Vigo non son tanques, cazas militares nin desfiles propagandísticos, senón máis vivenda pública, mellores servizos públicos e políticas que atendan os problemas reais das viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo aposta nun Pleno extraordinario polo caso Saltamontes diante do “silencio insultante” de Caballero

O portavoz municipal do Bloque reunirase coa voceira do PP o vindeiro luns para activar de forma conxunta a sesión diante da negativa do alcalde a comparecer, como demandada a fronte nacionalista

Xabier P. Igrexas: “A única decisión que tomou Abel Caballero foi ratificar a súa confianza nunha concelleira que está imputada por un delito grave”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Abel Caballero no Pleno de Vigo

O BNG esixe a comparecencia urxente de Caballero no Pleno de Vigo polo accidente do Saltamontes

Reclama que o alcalde dea explicacións públicas diante do “silencio” do Goberno local e reitera a petición de cese inmediato da concelleira de Seguridade tras a súa imputación

Demanda unha Comisión Especial de Investigación para depurar responsabilidades

Xabier P. Igrexas: “Cando un goberno cala diante dunha morte que podía evitarse, deixa de protexer á cidadanía para empezar a protexerse a si mesmo”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, e a concelleira Ana Martínez no Pleno de Vigo

PP e PSOE tomban a moción do BNG en Vigo contra a criminalización das baixas laborais da Xunta

Acusa os populares de “mercenarios da patronal” por alentar o medo a estar de baixa e reprocha a abstención socialista ante o plan do Goberno galego de endurecer os controis

A fronte nacionalista reclama reforzar a Atención Primaria, abandonar a estratexia de privatización a través das mutuas e máis políticas de prevención diante da sinistralidade

Xabier P. Igrexas: “Queren seguir forzando a traballar a persoas aínda que estean enfermas, e que xa padecen a presión, a coacción e as ameazas das propias empresas”

Ler novas