pleno
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo afea o non do Goberno de Caballero ás 198 alternativas para mellorar os orzamentos

A fronte nacionalista critica o rexeitamento a propostas en vivenda, política social, emprego, violencia machista, contra o abandono dos barrios e parroquias, a emerxencia climática, a mellora dos servizos públicos, a cultura, o deporte e para a mocidade

Lamenta que o alcalde non escoite ao tecido asociativo e á veciñanza, que trasladou numerosas propostas que o Bloque incorporou nas súas emendas ao proxecto de contas

Xabier P. Igrexas: “Máis que contas o que aproban é un conto vello e coñecido, escrito no papel mollado duns orzamentos que non executarán como nos últimos anos”

Consulta aquí as emendas do BNG
Orzamentos Vigo 2026

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG acusa PSOE e PP no Pleno de “mirar para outro lado” ante o grave problema da vivenda en Vigo

Critica o voto en contra do grupo socialista e a abstención popular na moción do Bloque con medidas urxentes fronte á emerxencia habitacional e aos elevados prezos dos alugueiros

Xabier P. Igrexas: “Que o Goberno de Caballero diga só que a culpa é do PP non chega para que miles de viguesas e vigueses encontren unha vivenda accesíbel na cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz BNG Vigo

O BNG defenderá no Pleno medidas urxentes ante o agravamento do problema da vivenda en Vigo

Promove unha moción para demandar actuacións diante da “inacción” dos Gobernos galego, español e municipal fronte á emerxencia habitacional e á suba dos alugueiros

Urxe Abel Caballero a executar as medidas aprobadas hai 19 meses a proposta do BNG

Xabier P. Igrexas: “As miles de viguesas e vigueses que non se poden permitir vivir na nosa cidade o que precisan dunha vez son feitos e non máis discursos”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e FIlipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG critica a negativa de PSOE e PP no Pleno de Vigo a reforzar os recursos do Servizo de Axuda no Fogar

Afea a expulsión e o “desprezo” por parte do Goberno de Abel Caballero cara ás traballadoras do SAF, que protestaron na sesión plenaria polas súas condicións laborais

Xabier P. Igrexas: “PSOE e PP non tiveron reparo en facer pinza para xustificar a situación insostíbel no SAF, son responsábeis da precariedade nun servizo fundamental”

Ler novas
Novas
Manifestación do sector dos coidados en Vigo na xornada de folga do 25 de setembro

O BNG defenderá no Pleno de Vigo a mellora do SAF e o reforzo do sistema público de dependencia

Traslada unha moción que esixe da Xunta que reverta os recortes no servizo e garanta protocolos de protección, e do Goberno municipal que atenda as demandas do persoal

Alerta de que o Goberno galego esgota a bolsa de horas autorizadas para o SAF de Vigo e deixa ás persoas sen resposta, con 2.200 en lista de agarda

Xabier P. Igrexas: “A situación actual é insostíbel e profundamente inxusta, tanto para as persoas dependentes e as súas familias como para as traballadoras”

Ler novas
Novas
Mobilización en solidariedade coa Palestina o pasado 8 de setembro en Vigo

O PSOE de Caballero veta en Vigo unha declaración institucional do BNG contra o xenocidio na Palestina

A fronte nacionalista denuncia a negativa do grupo socialista a acordar no Pleno municipal que Vigo non acolla ningún evento con participación de Israel

Xabier P. Igrexas: “É indecente ver como o PSOE antepón a súa axenda partidista e a súa fobia ás propostas do BNG por riba do masacre e de illar o estado sionista de Israel”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de maio

O BNG demanda o compromiso do Pleno para que Vigo non acolla ningún evento con presenza de Israel

Propón unha declaración institucional de condena ao xenocidio contra o pobo palestino

Pide o apoio da Corporación á manifestación nacional convocada o 5 de outubro en Santiago de Compostela baixo o lema ‘2 anos de xenocidio e 77 anos de ocupación’

Xabier P. Igrexas: “Non é só unha declaración: é un compromiso ético, un berro de xustiza que reflicte o pulso da cidadanía viguesa horrorizada ante o maior masacre do século XXI”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo leva ao Pleno unha moción para esixir a fin do abandono das instalacións deportivas municipais

A fronte nacionalista propón reprobar o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, pola súa nefasta xestión e esixe do Goberno municipal medidas urxentes para paliar as deficiencias e garantir a apertura de todas as instalacións

Demanda a devolución das cotas abonadas polas persoas usuarias dos ximnasios do Carme, O Berbés e Samil, afectadas pola falla de servizo e reclama da Xunta que colabore no financiamento dun Plan de mellora deportiva

Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode seguir aturando o desleixo dun Goberno municipal que abandona o deporte; merecemos instalacións deportivas dignas á altura da maior cidade de Galiza”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG defende a descentralización da docencia clínica para avanzar cara a Facultade de Medicina en Vigo

A fronte nacionalista vota a prol da iniciativa formulada no Pleno municipal para expresar o seu apoio a que Vigo non quede fóra cando se abra a revisión do mapa de titulacións

Lamenta o rexeitamento á emenda coa que o Bloque buscaba enfocar con rigor o debate

Xabier P. Igrexas: “Unha cuestión tan complexa non se resolve con golpes de peito”

Ler novas