O BNG de Vigo despregará unha ofensiva institucional para frear o novo recheo do Berbés
A fronte nacionalista demandará un posicionamento firme do Concello e levará a oposición a esta nova agresión ambiental ao Parlamento galego e, de novo, ao Congreso.
Xabier P. Igrexas: “O tempo dos recheos rematou. Non podemos permitir seguir cementando nin un centímetro máis da nosa Ría, cando Vigo xa lle gañamos ao mar máis de 3 millóns de metros cadrados”.