recheos
Novas
Porto de Vigo

O BNG advirte que o novo plan estratéxico do Porto de Vigo non pode permitir novos recheos

Esixe que antes de elaborar o novo Plan a Autoridade Portuaria realice unha avaliación previa do vixente e que se dea resposta ás alegacións da Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios

A fronte nacionalista non admitirá novos recheos na Ría, que se promova a eólica mariña nin que se converta a antiga Vulcano (agora Estaleiros San Enrique) en ampliación da terminal de contedores

Xabier P. Igrexas reclama un proceso participativo e dialogado: “O deseño do futuro do Porto non pode facerse de portas a dentro dos despachos. A Ría é de Vigo e Vigo é da Ría"

Ler novas
Novas
Recheo no Berbés (foto: Voz de Galicia)

O BNG de Vigo oponse á urbanización do recheo do Berbés como aparcamento de camións e demandará a súa reversión

A fronte nacionalista demanda a aplicación de medidas de restauración ecolóxica e de eco-enxeñería para corrixir o atentado ambiental que supuxo o aterramento

Critica a inacción do Goberno municipal de Abel Caballero que non despregou ningunha acción contra o recheo e a complicidade do Goberno español por autorizalo

Xabier P. Igrexas: “O BNG vamos seguir a dar a batalla para que este innecesario aterramento do Berbés sexa o derradeiro, afirmando de maneira rotunda que o tempo dos recheos en Vigo rematou”

Ler novas
Novas
Imaxe: Autoridade Portuaria Vigo

O BNG de Vigo esixe máxima transparencia na elaboración do novo plan de usos do Porto

Demanda a Autoridade Portuaria que faga público o proceso de tramitación das alegacións presentadas, hai sete meses, á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP)

Acusa a Carlos Botana de “escurantismo, falla de participación e de diálogo” na definición dun documento chave para o futuro do Porto de Vigo

Xabier P. Igrexas: “A cidadanía viguesa ten dereito a coñecer como se toman decisións que afectan o seu entorno e o futuro da ría”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esixe poñer fin aos recheos na Ría e recuperar espazos portuarios para a cidade

A fronte nacionalista formula alegacións para “corrixir e mellorar” a proposta de Delimitación dos Espazos e Usos da Autoridade Portuaria de Vigo

Xabier P. Igrexas: “É unha oportunidade que non debemos perder para blindar o futuro dun sector esencial como o portuario, mais desde logo tamén para avanzar nun modelo máis racional, eficiente e sustentábel”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esíxelle ao novo presidente da Autoridade Portuaria que desista definitivamente de perpetrar novos recheos

O portavoz municipal do BNG Vigo vén de remitirlle a Carlos Botana unha carta na que lle traslada catro cuestións da “máxima importancia” para avanzar cara a un porto máis sustentábel e mellor integrado na cidade

A fronte nacionalista demanda tamén a reordenación dos usos da lámina portuaria, unha aposta decidida pola PLISAN como “porto seco de Vigo”, un compromiso real para poñer fin ás verteduras de augas sen depurar e recuperar o diálogo e a cooperación entre o porto e o Concello

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir cementando un ecosistema tan valioso, do punto de vista ambiental pero tamén da actividade económica como é a Ría de Vigo”

Ler novas
Novas
Traballos de recheo no Berbés (imaxe: @vigovindeiro)

O BNG de Vigo insta ao alcalde a abandonar os “discursos impotentes” e actuar para paralizar o novo recheo no Berbés

A fronte nacionalista demanda despregar todas as accións institucionais, administrativas e mesmo xudiciais para frear o proxecto da Autoridade Portuaria de cementar 8.300 metros cadrados máis do litoral vigués.

Xabier P. Igrexas: “É momento de que o Concello de Vigo pase das declaracións e se comprometa de verdade, con feitos, en defender a nosa ría e o noso medioambiente”.

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixirá no Congreso a paralización inmediata do recheo no Berbés impulsado polo PP coa complicidade do Goberno español

A fronte nacionalista presentará unha nova iniciativa da man do deputado Néstor Rego para frear esta obra que se está a realizar sen garantías preventivas nin un informe que xustifique a súa pertinencia.

Xabier P. Igrexas: “Supón cementar 8.000 metros cadrados da ría de Vigo, unha agresión ambiental inxustificábel que só responde á visión depredadora da Autoridade Portuaria”.

Ler novas