Novas
O BNG de Vigo destapa as mentiras de Abel Caballero sobre o reequilibrio de Vitrasa: nin era inminente nin vai resolver o conflito
11/mar./2024
A fronte nacionalista revela que a nova indemnización á concesionaria de bus urbano está nun punto morto e “dificilmente” se poderá materializar antes do verán porque non hai partida orzamentaria e o importe terá que ser recalculado
Denuncia o proceder “autoritario e antidemocrático” do Goberno local por ocultar ao BNG este expediente durante 102 días até o ultimato nacionalista do pasado xoves
Xabier P. Igrexas: “Cando o alcalde presentou o reequilibrio da concesión como a solución ao conflito mentiu deliberadamente ao persoal de Vitrasa e á veciñanza de Vigo”