O BNG pide conxelar os salarios dos cargos electos en Vigo ante a suba prevista por Caballero en 2026
Ve “inxustificado” o incremento dun 4% nas retribucións “xa elevadísimas” do alcalde e das e dos concelleiros con dedicación, que son máis do triplo que o salario promedio na cidade
Xabier P. Igrexas: “O BNG defendemos que exercer a representación democrática debe ter condicións económicas dignas, mais os salarios no Concello de Vigo van demasiado lonxe”