O BNG de Vigo proporá a reprobación de Caballero no Pleno polo caso Saltamontes
A fronte nacionalista acusa ao alcalde de manter unha "continuada opacidade" sobre o accidente mortal, bloquear a Comisión de Investigación e negarse a asumir nin depurar responsabilidades políticas
Xabier P. Igrexas: “Un alcalde que se nega a dar a cara no Pleno, que se nega a someterse ás preguntas e ao control da oposición, que se nega a dar respostas e asumir responsabilidades, simplemente non merece seguir sendo alcalde”