O BNG de Vigo urxe o Goberno de Caballero a resolver o “colapso” de servizos municipais como o Padrón
A fronte nacionalista denuncia a existencia de 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego dende o ano 2020
Xabier P. Igrexas: “O desgoberno de Caballero provoca que a veciñanza non reciba os servizos que merece porque o Concello non cubre vacantes nin contrata máis persoal podendo facelo”