O BNG propón avanzar nun novo modelo de xestión de residuos para que Vigo abandone Sogama
A fronte nacionalista chama a constituír un grupo de traballo para elaborar unha alternativa ao actual sistema por consideralo “obsoleto, contaminante e carísimo”
Defende emendas á ordenanza fiscal para reducir nun 14% o “tarifazo” no recibo do lixo
Xabier P. Igrexas: “É o momento de que o Concello avance cara a un novo modelo baseado na redución en orixe, recollida selectiva, reutilización, reciclaxe e compostaxe”