O BNG de Vigo tacha de “simulacro” a taxa turística de Caballero e pide aplicar o 100% do máximo legal
Formula 15 emendas ao proxecto de ordenanza para suprimir os “agasallos fiscais” e destinar o 40% da recadación a políticas de acceso á vivenda, entre outras medidas
Xabier P. Igrexas: “Fronte ao turismo masificado que promove Abel Caballero, o BNG propón unha taxa turística xusta, útil e inmediata en favor dos intereses de Vigo”