vivenda
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama multiplicar por dez o investimento no Consorcio do Casco Vello e reorientalo cara ao alugueiro social

A fronte nacionalista pide revisar o Plan de Acción 2026-2029 para mobilizar un mínimo de 70 millóns de euros e facer da rehabilitación unha ferramenta contra a crise da vivenda priorizando o alugueiro

Xabier P. Igrexas: "O Casco Vello ten que ser un barrio para vivir, e non só para visitar ou consumir hostalaría; urxe un motor público de alugueiro social fronte á especulación turística”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo urxe un Plan municipal de control e inspección dos pisos turísticos para frear o seu impacto na crise da vivenda

A fronte nacionalista levará á Xerencia de Urbanismo unha iniciativa para intensificar as inspeccións e comprobar a legalidade, as condicións de habitabilidade, accesibilidade e  seguridade das Vivendas de Uso Turístico

Alerta de que arestora hai case 8 pisos turísticos por cada vivenda dispoñíbel para alugueiro e que máis da metade das que se ofertan teñen prezos superiores aos 1.000 euros mensuais

Xabier P. Igrexas: "Temos que poñer fin á barra libre especulativa dos pisos turísticos para que o negocio duns poucos non siga negando o dereito á vivenda da maioría social"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG no Pleno de Vigo

O BNG propón que o Concello de Vigo negocie coa banca a cesión de 227 vivendas baleiras para destinalas a alugueiro accesíbel

A fronte nacionalista levará á Xerencia de Urbanismo unha iniciativa para incorporar os inmóbeis desocupados das entidades financeiras nun parque de vivenda protexida e social

Xabier P. Igrexas: “A grave emerxencia habitacional que sofre Vigo obriga a actuar con decisión e aproveitarmos todos os recursos dispoñíbeis para facilitar o dereito á vivenda”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo reclama ao Goberno municipal que dea prioridade a politíca social, emprego e vivenda

A fronte nacionalista aprema o Executivo de Caballero “a que se poña a traballar” para evitar que o orzamento de 2026 volva “marcar un novo récord de inexecución”, tras deixar o pasado ano 150 millóns de euros sen gastar

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses merecen e precisan dun Concello que humanice de verdade a cidade poñendo as persoas no centro”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG afea que Caballero pase de prometer 6.000 vivendas a contratar apenas 27 tras case dúas décadas na Alcaldía

A fronte nacionalista considera que a licitación para a construción da promoción de Esturáns, aprobada esta mañá, evidencia a ausencia dunha política pública de vivenda tras 6.947 días no cargo

O Bloque propón enfrontar a emerxencia habitacional cun Plan de Choque con 40 millóns de euros dos remanentes municipais para incorporar 250 vivendas a un parque público antes de rematar este ano 2026

Xabier P. Igrexas: “Xa é hora de actuar diante da situación de emerxencia habitacional que padece Vigo, e iso pasa por mobilizar todos os recursos e todas as capacidades para dotar de maneira urxente a maior cidade de Galiza dun parque público de vivenda protexida e social”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG alerta de que máis da metade das vivendas para alugar en Vigo superan os 1.000 euros mensuais

A fronte nacionalista reclama “máis feitos e menos anuncios” do Goberno de Abel Caballero ante a situación de “emerxencia habitacional” na cidade

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, censura a resposta da primeira tenente de alcalde ante o reclamo de máis de 15 colectivos e entidades para un parque vivenda público: “Desde un luxoso chalé en Toralla e cuns ingresos anuais de máis de 100.000 euros, para a señora Carmela Silva o problema da vivenda non é unha preocupación”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal BNG Vigo, Xabier P. Igrexas, apoia a concentración das Ninguéns polas persoas desaloxadas

O BNG de Vigo exixe un dispositivo de emerxencia para dar teito ás persoas sen fogar

Denuncia que, a pesar das falsidades do discurso oficial, máis dunha vintena das persoas desaloxadas da antiga nave de Pescanova a semana pasada continúan na rúa

A fronte nacionalista urxe a Concello e Xunta a actuar para dar alternativas habitacionais dignas e estábeis ás persoas en situación de senfogarismo na cidade

Xabier P. Igrexas: “O mellor antídoto contra o cinismo de dicir que a xente sen fogar está na rúa porque quere sería que o alcalde e o seu goberno pasasen unha soa noite durmindo alí”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo propón destinar máis de 2 millóns do remanente de Urbanismo a reforzar políticas de vivenda

Presenta emendas á modificación orzamentaria da Xerencia de Urbanismo para que se utilice a totalidade dos seus remanentes

A fronte nacionalista propón a creación dun programa de alternativas habitacionais, un plan facilitador do alugueiro, impulso ao cooperativismo de alugueiro e unha oficina municipal de dereito á vivenda

Xabier P. Igrexas: “En Vigo non pode ser un privilexio ter unha vivenda, ten que ser un dereito garantido para todas as viguesas e vigueses”

Ler novas