O BNG de Vigo denuncia a falla de control municipal sobre os pisos turísticos
Reclama que o Concello realice inspeccións nas 2.400 vivendas de uso turístico (VUT) rexistradas en Vigo e demande á Xunta que actúe contra as que incumpren a normativa
Advirte que durante tramitación da ordenanza municipal que regulará as VUT, que vén de iniciar a súa elaboración, non pode manterse a “barra libre”
Xabier P. Igrexas: “A política de ‘deixar facer e ollar para outro lado’ do Goberno de Abel Caballero permitiu que nos últimos cinco anos se sumasen 2 mil novos pisos turísticos, facendo que hoxe haxa 5 por cada vivenda dispoñíbel para alugueiro residencial”