Xerais2023
Novas
Brais Ruanova no acto público do BNG en Teis

Brais Ruanova: “Un BNG forte no Congreso será unha garantía para rematar coa navallada da AP-9 en Teis”

O candidato vigués ao Congreso reitera o compromiso nacionalista para avanzar na conversión en vía urbana, na mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa e na instalación de pantallas no tramo de maior contaminación acústica de toda a autoestrada

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal: “Non se pode defender Vigo de verdade ao ditado do que decidan en Ferraz ou Génova. E as viguesas e vigueses saben que o BNG é a única forza que pon sempre por diante os intereses da cidade e do conxunto de Galiza”
Ler novas
Novas

O BNG chama a defender Vigo nas urnas este 23X fronte ao “abandono” da cidade por parte das forzas estatais

A fronte nacionalista comprométese a traballar para facer realidade a Saída Sur antes do 2030, para dotar a área dunha rede de cercanías, da Biblioteca do Estado tantos anos prometida e rematar coa navallada da AP-9 ao seu paso por Teis

Brais Ruanova, candidato ao Congreso: “Facemos un chamamento a concentrar todo o voto inconformista no BNG para facer valer os intereses de Vigo e Galiza en Madrid”

Ler novas