xunta
Novas
IMG_20190530_180929_373

Xabier P. Igrexas: “O PP debeu ter comezado a campaña en Vigo pronunciando un ‘perdón’ tan grande como enorme foi o abandono da  Xunta de Feixóo”

O portavoz municipal do BNG advírtelle aos populares que fracasarán na súa estratexia de “ocultar con promesas unha década de incumprimentos” coa principal cidade de Galiza. “As viguesas e vigueses temos memoria”.

A fronte nacionalista chama a que o voto decisivo das viguesas e vigueses faga posíbel o “cambio galego” liderado por Ana Pontón, no que Vigo se converta no motor de todo o País.

Ler novas
Novas

O BNG da comarca de Vigo pide que a Xunta actúe para resolver as deficiencias na teledocencia universitaria e que suprima as taxas

A fronte nacionalista considera que a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria debe garantir un trato xusto e igualitario do estudantado para a finalización do curso académico na UVigo

Denuncian os problemas que están a enfrontar estudantes, profesorado e PAS neste contexto por non dispoñeren das ferramentas e medios axeitados. 

Lembran que o Bloque xa demandou o pasado mes de marzo a finalización do curso universitario tal e como demanda a comunidade educativa. 

Ler novas
Goberno local
Xabier P. Igrexas presentando as alegacións do BNG Vigo aos orzamentos do Concello de Vigo

O BNG denuncia que se seguen a producir desafiuzamentos sen alternativa habitacional en Vigo

  • O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, fíxose eco de dous casos recentes que refutan a propaganda do Goberno municipal e deixan en evidencia a falla de política social de vivenda na cidade.
  • Demanda “medidas e compromisos reais” tanto por parte do Concello como pola Xunta para garantir o dereito de todas as persoas a teren “un lugar no que vivir e un teito baixo o que durmir”.  
Ler novas