O BNG de Vigo reclama a devolución do proxecto de ZBE con multas por “fracasado e inxusto”
Rexistra unha emenda á totalidade da ordenanza do Goberno de Caballero que “discrimina e castiga a veciñanza que non se pode permitir o luxo de cambiar de vehículo”
A fronte nacionalista insiste nun modelo sen restricións nin sancións que potencie o transporte público, a mobilidade peonil, en bicicleta e VMP como alternativa ao coche
Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar unha nova equivocación e de sentar as bases para avanzar cara un ‘Novo Vigo’ máis verde, seguro, saudábel e habitábel”