Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”

Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”

O cabeza de lista do Bloque agradece o traballo da militancia ao longo da campaña e recoñece que quedar sen representación municipal “non é un resultado bo”

 

valoración resultadosVigo, 24 de maio de 2015.- O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración dos resultados electorais e recoñeceu que o Bloque “tomamos nota deste resultado, que non é un resultado bo”, ao quedar sen representación municipal.

“A organización temos que tomar nota da mensaxe que a cidadanía nos manda con este resultado”, afirmou Serafín Otero, quen agradeceu enormemente o traballo de “militantes, simpatizantes e todas as persoas que nesta campaña estiveron botando un pulso importante, traballando”.

Otero asegurou que neste sentido se da por moi satisfeito”, ao igual que do traballo feito pola propia organización, que ao seu xuízo estivo “á altura coa candidatura”.

Pese aos resultados salientou que o BNG non remata hoxe na cidade de Vigo “senón que seguiremos sendo oposición”. Neste sentido lembrou o traballo de oposición desenvolvido polo Bloque nos últimos catro anos e avanzou que seguirá facendo oposición fóra do Concello.

“O nacionalismo seguirá vivo na cidade de Vigo, porque si podemos confirmar que temos 7.000 persoas, 7.000 vigueses e viguesas que confiaron en nós e que nós non esperamos defraudalos”, manifestou Serafín Otero, ao tempo que agradeceu o tratamento dos medios de comunicación.

 

Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”