emprego
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo reclama ao Goberno municipal que dea prioridade a politíca social, emprego e vivenda

A fronte nacionalista aprema o Executivo de Caballero “a que se poña a traballar” para evitar que o orzamento de 2026 volva “marcar un novo récord de inexecución”, tras deixar o pasado ano 150 millóns de euros sen gastar

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses merecen e precisan dun Concello que humanice de verdade a cidade poñendo as persoas no centro”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, Xabier P. Igrexas e Ana Martínez

O BNG de Vigo pide rectificar as bases das axudas municipais para emprego nas entidades sen ánimo de lucro

Reclama ao Goberno de Caballero que atenda as demandas do tecido asociativo para garantir que as subvencións permitan crear e consolidar “emprego estábel e de calidade”

Avanza a presentación dun recurso de reposición pola falla de resposta do Executivo local

Xabier P. Igrexas: “Estas bases poden provocar o efecto contrario ao que anuncian: máis dificultades e precariedade e menos capacidade para desenvolver proxectos”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, e a concelleira Ana Martínez no Pleno de Vigo

PP e PSOE tomban a moción do BNG en Vigo contra a criminalización das baixas laborais da Xunta

Acusa os populares de “mercenarios da patronal” por alentar o medo a estar de baixa e reprocha a abstención socialista ante o plan do Goberno galego de endurecer os controis

A fronte nacionalista reclama reforzar a Atención Primaria, abandonar a estratexia de privatización a través das mutuas e máis políticas de prevención diante da sinistralidade

Xabier P. Igrexas: “Queren seguir forzando a traballar a persoas aínda que estean enfermas, e que xa padecen a presión, a coacción e as ameazas das propias empresas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG demanda unha reacción urxente da Xunta e do Concello ante a emerxencia laboral e industrial en Vigo

A fronte nacionalista alerta de que o nivel de ocupación na cidade segue por debaixo dos rexistros previos á pandemia, coa destrución de 3.500 empregos só no último trimestre

Propón medidas como un Plan de reactivación industrial e produtiva, un Centro de Reparacións Navais e un Centro Metropolitano para o Impulso Tecnolóxico

Xabier P. Igrexas: “A aposta do BNG é que Vigo volvamos ser o potente pulmón produtivo e industrial de Galiza”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas reunido con representantes de CIG Correos en Vigo

O BNG de Vigo rexeita o feche da oficina de Correos no Porto e esixe a súa reapertura inmediata

A fronte nacionalista levará o asunto ás próximas Comisións Informativas e ao Pleno do Concello para demandar solucións

Cualifican de “ilóxica” a decisión de Correos dado que a oficina atende un dos principais polos de emprego e actividade empresarial de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Correos debe garantir un servizo á altura da maior cidade de Galiza, revertendo a precarización e os recortes”

Ler novas
Novas

O BNG elabora unha lei na que propón reverter as axudas públicas ás empresas que se deslocalicen

Pontón avanza en Vigo unha proposición de lei para afianzar a implantación e permanencia empresarial que o Bloque levará á Cámara

Avoga por recuperar as subvencións cos xuros máis unha penalización do 25% para as compañías que, sendo rendibles, se trasladen fóra de Galiza

O texto lexislativo inclúe que, para a concesión de axudas públicas, as empresas deben comprometerse a manter a produción no País

“É un disparate que financiemos a destrución de emprego dando cartos públicos a empresas que despois se deslocalizan”, alega

Ler novas
Novas

O BNG urxe un “xiro radical” da Xunta ante a destrución de 1.800 empregos na industria de Vigo no último trimestre

A fronte nacionalista demanda unha “enérxica intervención pública” para enfrontrar a “grave crise” en actividades estratéxicas como o naval, a automoción e o sector pesqueiro

Afea tamén a falla de políticas do Goberno de Caballero, que destina case o triplo de recursos a luces e adornos de Nadal que ao Plan de Emprego Municipal

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo non pasa por nos converter nun parque temático que visitar, nin polo Xacobeo nin polas luces de Nadal”

Ler novas
Novas
Reunión do BNG co Comité Empresa Vodafone

O BNG reclama aos Gobernos español e galego que impidan o ERE en Vodafone que ameaza 60 empregos en Galiza

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para evitar a destrución de postos nos centros de Vigo, Pontevedra e A Coruña, despois de manter unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa

Néstor Rego: “O BNG demandamos en máis dunha ocasión recuperar a autorización administrativa previa para os ERE que permitiría evitar casos como o de Vodafone”

Carmela González: “A Xunta ten que actuar como autoridade laboral para garantir a continuidade dos empregos na Galiza”

Ler novas