O BNG reclama explicacións e desculpas de Caballero pola corrupción na Entidade Local Menor de Bembrive
A fronte nacionalista volve esixir ao rexedor e presidente local do PSOE que dea a cara por ter “patrocinado” a designación de Roberto Ballesteros como alcalde pedáneo, após o auto de ingreso en prisión.
Xabier P. Igrexas: “A nefasta e corrupta xestión do ex alcalde pedáneo e tamén do actual rexedor socialista, cunha causa xudicial aberta, teñen situado á Entidade Local Menor en risco de quebra”.
O Bloque Nacionalista Galego reclama explicacións e desculpas do presidente local do PSOE e alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras o auto de ingreso en prisión ditado pola Audiencia Provincial de Pontevedra contra o ex alcalde pedáneo de Bembrive, o socialista Roberto Ballesteros, sentenciado a máis de dous anos de cadea por delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental.
“É un escándalo sen precedentes na historia da nosa cidade que motiva que o BNG teñamos que volver esixir que o máximo dirixente do PSOE localteña a decencia de dar a carapor un esencial imperativo democrático”, subliñou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que lembrou que Ballesteros contou co “patrocinio persoal” do rexedor vigués como candidato a pedáneo en Bembrive.
“Caballero ten dar explicacións dunha xestión nefasta do seu partido que ten colocado á Entidade Local Menor de Bembrive en risco real da súa propia quebra”, censurou Igrexas.
Unha grave situación á que se engade a causa xudicial aberta contra o actual alcalde pedáneo, o tamén socialista Marcos Castro, para o que a Fiscalía pide 13 de inhabilitación por outra presunta xestión ilegal e corrupta de diñeiro público.