O BNG demanda a retirada permanente do busto de Juan Carlos de Borbón da entrada do Concello de Vigo
A fronte nacionalista esixe que a escultura non regrese ao acceso da casa consistorial, após ser retirada por causa dunhas obras, diante dos delitos do monarca emérito
Xabier P. Igrexas: “Unha ampla maioría social de Vigo non comprende que clase de recoñecemento ou honra merece un monarca que defrauda o propio sistema tributario, está envolto en numerosos casos de corrupción e branqueo de capitais”