O BNG de Vigo propón que o Concello invista 285 mil euros en Bembrive
A fronte nacionalista inclúe nas súas emendas aos orzamentos municipais de 2026 unha batería de medidas destinadas a investimentos na parroquia
Xabier P. Igrexas: “O único que lle ofreceu o PSOE de Caballero a Bembrive foi a sucesión de alcaldías pedáneas marcadas pola corrupción, con dous ex alcaldes condenados e un deles en prisión, e unha xestión nefasta”
Roberto Fernández: “Se o compromiso co rural é auténtico, Bembrive debe ser punta de lanza da recuperación das parroquias”