O BNG reclama que o goberno elabore un informe sobre as condicións laborais nas contratas municipais

O BNG reclama que o goberno elabore un informe sobre as condicións laborais nas contratas municipais

Iolanda Veloso defendeu que o documento debe incluír asemade información sobre o cumprimento dos convenios dos traballadores e traballadoras

Vigo, 28 de abril de 2014.- Na sesión plenaria de hoxe o BNG tamén solicitou ao goberno municipal que realice un informe sobre as condicións laborais do persoal das contratas municipais que deberá ser trasladado aos grupo municipais. Segundo reclamou a portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, ese documento tamén debe incluír información sobre o cumprimento das condicións laborais recollidas nos pregos de condicións, o cumprimento dos convenios dos traballadores e traballadoras das contratas municipais e a actualización dos seus salarios de acordo co IPC.

“Desde o BNG consideramos que esta é unha cuestión fundamental que o concello de Vigo debe coñecer e vixiar polo seu cumprimento”, destacou a voceira nacionalista ao respecto. Na súa resposta á esta demanda, o alcalde contestou cun escueto 'tomamos nota'.

O BNG reclama que o goberno elabore un informe sobre as condicións laborais nas contratas municipais