Iolanda Veloso: “Se nos orzamentos existe a partida para a escola infantil de Navia é grazas ao BNG”

Iolanda Veloso: “Se nos orzamentos existe a partida para a escola infantil de Navia é grazas ao BNG”

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA voceira nacionalista lembra que o Bloque esixiu engadir 210.000 euros aos 12.500 propostos polo goberno para as escolas de Navia e Lavadores

Vigo, 19 de marzo de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, expresou a satisfacción do Bloque pola colocación da “primeira pedra” da escola infantil de Navia. Un proxecto que segundo destacou foi posible grazas ao traballo do BNG e a súa proposta de incluír a partida correspondente nas contas municipais.

“Se existe nos orzamentos unha partida para esta escola infantil é porque o BNG a propuxo”, subliñou Iolanda veloso tras o acto. Precisamente a responsable nacionalista explicou que no proxecto de orzamentos do goberno local a partida para as escolas de Navia e Lavadores era de 12.500 euros, mentres que grazas á reclamación do Bloque a partida total ascendeu aos 222.500 euros.

A voceira do BNG lembrou ademais que no 2011, para afrontar o pago da indemnización do convenio de Miraflores, o goberno local pretendeu eliminar esta partida dos orzamentos municipais “e nós esiximoslle que se mantivese”. Deste xeito, foi posible manter as partidas para os centros de Navia, Lavadores e A Doblada ademais da segunda anualidade de Mestres Goldar.

Iolanda Veloso subliñou que para o Bloque a construción de escolas infantís “é sempre unha prioridade”, tanto no obxectivo de cubrir as necesidades dos nenos e nenas da cidade como para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar de nais e pais.

 

Iolanda Veloso: “Se nos orzamentos existe a partida para a escola infantil de Navia é grazas ao BNG”