Iolanda Veloso: Nos orzamentos non hai partida para becas de inglés e non nos parece prioritario"
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, aclarou que os orzamentos municipais que o goberno local levará ao vindeiro pleno da corporación para a súa aprobación non hai ningunha partida para as becas de inglés. En resposta aos medios, a nacionalista asegurou que estas contas están exactamente como na aprobación inicial.
Iolanda Veloso afirmou que o BNG xa deixou claros os criterios para aprobar os orzamentos, como son continuar na liña da creación de emprego, co mantemento do Plan de Emprego Municipal, e o impulso dos servizos sociais, coa creación do Plan de Compensación contra a crise.
A nacionalista asegurou que no contexto actual, a formación nacionalista non consiera que este sexa un programa prioritario nin que se atope entre as competencias do Concello, tal e como apuntan os informes municipais, senón que parece un capricho persoal do alcalde que terá que ver como o leva adiante sen afectar a estes criterios.