O pleno aproba a demanda do BNG para que o goberno manteña as liñas ferroviarias e mellore o servizo
O pleno aprobou, cos votos do BNG e do PSOE, a moción nacionalista que reclama ao goberno do Estado a paralizar o proceso de desmantelamento e privatización de servizos ferroviarios no noso país, o mantemento das liñas existentes e a mellora dos servizos e frecuencias que se veñen prestando en territorio galego.
Iolanda Veloso denunciou que os recortes de Renfe en Media Distancia e a consecuente perda de servizos para unha boa parte da poboación. Salientou que en Vigo xa comezaron o 1 de xuño, de forma que desde a cidade non temos transporte directo a practicamente ningún sitio, criticou.
O documento aprobado tamén demandar do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega. Asemade reclama o mantemento e desenvolvemento dos talleres e actividades auxiliares existentes na Galiza, así como a creación de módulos de formación Profesional vinculados á actividade ferroviaria.
Perda servizos
Iolanda Veloso puxo como exemplo dos recortes o feito de que a web de Renfe oferta a viaxe Vigo-Santiago-Ourense así como Vigo-Santiago-Madrid, que representan a eliminación de 14 percorridos. Ademais, criticou que as melloras na liña Vigo-Porto non se deben a melloras tecnolóxicas senón pola perda de servizos e a eoliminación de paradas.
En referencia á intervención do grupo popular, que falou de falso desmantelamento das liñas ferroviarias, a portavoz municipal do BNG lembrou ao PP que os concelleiros están para defender os intereses dos vigueses e viguesas, e non a Rajoy e Feijóo. Por iso o BNG critica os recortes e a eliminación das paradas pola privatización do servizo, destacou.
Obsesión con Madrid
A respecto da intervención do grupo socialista, a responsable do Bloque lembrou que a moción nacionalista non fai referencia ao AVE, senón á media distancia, obxecto dos recortes do goberno central. Só pregunto onde está o AVE, porque nesta cidade non, apuntou ao respecto.
Ademais acusou ao PSOE de estar obsesionado coa viaxe a Madrid. Pola contra asegurou que non todo é viaxar a Madrid, polo subliñou que o BNG demanda un servizo de media distancia en función das nosas necesidades.
Este é o documento da moción sobre servizos ferroviarios
Mocións apoiadas
Por outro lado, o Bloque votou a favor das iniciativas do PSOE que instan á Xunta de Galiza a eliminar o incremento da taxa do servio de axuda no fogar e a garantir as necas de comedor que deixou de aboar recentemente. Asemade, apoio as mocións populares que instan ao goberno municipal ao estudo, deseño e execución de prazas de estacionamento para persoas de mobilidade reducida e á constitución dunha comisión de seguimento do funcionamento do auditorio-pazo de congresos.