Aymerich defende en Moaña a creación de emprego estable para garantir o futuro da mocidade galega

Aymerich defende en Moaña a creación de emprego estable para garantir o futuro da mocidade galega

Emprego, vivenda e ensino son algúns dos temas que centraron o café coa mocidade no que participaron Carlos Aymerich e Iria Aboi, cabeza de lista e candidata número 10 do BNG pola provincia de Pontevedra, respectivamente. Os nacionalistas defenderon que a xuventude precisa solucións de futuro e que permmitan desenvolver a vida profesional na propia terra, mediante a creación de emprego estable.

Aymerich criticou que as políticas “antigalegas, antisociais e antidemocráticas” desenvolvidas por Feijóo provocaron o agravamento da situación da mocidade galega, que en numerosos casos viuse na obriga de emigrar. “A situación laboral da mocidade non mereceu a atención do goberno Feijoo, que non impulsou nin unha soa medida específica ao respecto, como tampouco o fixo para garantir o acceso á unha viven­da digna”, denunciou o nacionalista.

 

Fronte a esta situación, o candidato nacionalista defendeu que cómpre “crear as condicións para que haxa unha mocidade en Galiza con emprego e con futuro”. Nestes sentido asegurou que o BNG considera prioritario procurar a inserción laboral da mocidade nos sectores económicos de Galiza en función da súa forma­ción e capacidades mediante o desenvolvemento dun Plan Plurianual de Emprego Xuvenil, que conceda preferencia á inserción laboral nos sectores básicos da nosa economía.

Optimizar infraestruturas

Iria Aboi, pola súa banda, salientou a necesidade de garantir o acceso da mocidade a unha vivenda digna, así como impulsar alternativas no eido do lecer e tempo libre e desenvolver políticas de información e asesora­mento en materia afectivo-sexual. Ao respecto, a secretaria xeral de Galiza Nova propuso optimizar as infraestruturas públicas de lecer e mocidade, apostando pola utilización de instala­cións educativas, deportivas, culturais, ampliando os horarios e favorecendo a realización de todo tipo de actividades para a mocidade.

Aymerich defende en Moaña a creación de emprego estable para garantir o futuro da mocidade galega