O BNG denuncia a submisión da Xunta aos intereses da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

montseprado
Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento galego

O Bloque esixe ao Sergas que remate coa súa política de confrontación co persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) do Novo Hospital de Vigo

O BNG denuncia a submisión da Xunta aos intereses da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

O vindeiro mércores 13 de xuño someterase a debate na Comisión 5ª do Parlamento unha  proposición non de lei, defendida pola deputada do BNG Montse Prado,  onde se insta ao Sergas a que abandone a política de confrontación co persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como a súa submisión á concesionaria do novo hospital. 

A decisión do Partido Popular de construír o Novo Hospital  de Vigo sob un modelo de privatizador non só converteu a concesionaria na responsábel do proxecto de construción, senón que supuxo cederlle  a explotación e xestión de moitos servizos. Dentro destes servizos está a limpeza e a lavandería, sendo a intención do Sergas que pase o persoal TCAE a realizar parte das labores que realizaba o persoal de limpeza, en concreto o traslado das bolsas de roupa sucia desde a porta das habitacións.

Ademais,  o Sergas na vez de esixir a realización destas tarefas á empresa concesionaria dotándose do persoal necesario,  toma a decisión de sobrecargar aínda máis ao seu propio persoal, creando deste xeito un conflito co persoal TCAE.

Desde o BNG esixen “unha rectificación por parte do Sergas para que deixe de protexer á empresa concesionaria e defenda ao seu persoal, pasando dunha política de confrontación a unha de diálogo co persoal TCAE”, explica Prado. 

Por último, na iniciativa presentada tamén se demanda do Sergas a que  proceda á retirada dos expedientes sancionadores iniciados,, e se absteña de abrir outros novos a profisionais, polo conflito xerado en torno á discrepancia competencial no traslado das bolsas de roupa sucia.

O BNG denuncia a submisión da Xunta aos intereses da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro