BNG Vigo
10/xuño/2021
A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, demanda explicacións á Consellaría de Sanidade, que se esixan responsabilidades á empresa concesionaria e que se audite a xestión privada do HAC.
A fronte nacionalista reitera a necesidade “urxente e irrenunciábel” de reverter o modelo privatizador imposto polo Partido Popular no hospital vigués.
Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir permitindo que se converta a saúde das viguesas e vigueses nunha oportunidade de negocio para empresas amigas. Hai que poñer fin a este modelo que converteu a área de Vigo na zona cero da desfeita sanitaria”.