O BNG de Vigo cualifica de “covardía irresponsábel” que o PSOE se negase a debater a moción de urxencia sobre as irregularidades no mercado de nadal na praza de Compostela
- O grupo municipal socialista vetou que se puidese debater a moción na que se alertaba de que nos postos gastronómicos do mercado non se cumpren as normas hixiénico-sanitarias.
- O Bloque critica tamén que PSOE e PP uniran os seus votos para tombar a moción nacionalista sobre “o drama da emigración galega”.
- Igrexas formulou no Pleno unha cuestión de orde polo incumprimento do Regulamento ao decidir o alcalde que o PSOE intervise dúas veces no debate de aprobación definitiva dos orzamentos.