abandono
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG acusa a Rueda de “confirmar o abandono” de Vigo cun acto de autobombo sen medidas nin compromisos concretos

A fronte nacionalista denuncia que o PP adebeda 881 millóns de euros a Vigo polos investimentos rexeitados pola Xunta só nos últimos seis anos

Reprocha a falla de resposta da Xunta ás necesidades da maior cidade galega en ámbitos como a sanidade pública, a vivenda ou a crise industrial

Xabier P. Igrexas: “Alfonso Rueda, e a súa embaixadora Luísa Sánchez, demostraron que o PP non vai rectificar a política de abandono coa que castigan a Vigo e que non teñen nada que lle ofrecer ás viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
Pasarela en Castrelos pechada polo mal estado

O BNG de Vigo critica o abandono total de rúas e espazos públicos e insta a Caballero a atender a “cidade real”

Denuncia que o pasado 2025 o Goberno municipal só executou o 3,4% do Plan de Beirarrúas nos Barrios, investindo apenas 15 mil dos máis de 443 mil euros orzamentados

A fronte nacionalista reitera a demanda de poñer en marcha un Plan Cidade con investimentos en todos os barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “A cidade real, a que existe fóra das maquetas e das infografías, da que non fala o alcalde nin sae nos seus selfies, padece todos os días do ano un absoluto desleixo e falla de xestión”

Ler novas
Novas
Pingueiras no CEE Saladino Cortizo

O BNG de Vigo urxe a Xunta e Concello a actuar fronte ao abandono do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo

A fronte nacionalista denuncia pingueiras no interior do centro e a falta de investimento que obriga a trasladar espazos esenciais para a atención do alumnado

Xabier P. Igrexas: “O Saladino Cortizo converteuse nun exemplo máis do deterioro que sofren os centros educativos públicos de Vigo pola irresponsabilidade compartida das dúas administracións”

Ler novas
Novas

O BNG denuncia o abandono da praza da Independencia e demanda un maior coidado dos barrios e parroquias de Vigo

Sinala a existencia de xardineiras rotas, mobiliario en mal estado, adoquíns levantados e falla de limpeza

Demanda que o Concello garanta un adecuado mantemento da praza e critica que se deixen sen gastar “ducias de miles de euros” das partidas orzamentarias para a atención dos barrios

Xabier P. Igrexas: “A praza da Independencia pasou de ser un símbolo da democratización do espazo público a se converter nun lugar abandonado”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a dimisión do concelleiro de Deportes se non soluciona o abandono dos pavillóns

A fronte nacionalista esixe actuacións urxentes ante as graves deficiencias nas instalacións deportivas municipais e poñer punto e final ao proceso de privatización

Reclama a devolución das cotas das persoas usuarias dos ximnasios do Carme, do Berbés e de Samil após os reiterados peches inxustificados das últimas semanas

Filipe Abalde: “As viguesas e vigueses non poden seguir aturando tanta incompetencia á fronte da política deportiva municipal”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda “descentralizar” o Concello para rematar co abandono dos barrios e parroquias

O Bloque propón a creación de Consellos Veciñais para garantir unha xestión municipal equitativa e participativa

Critica que o Goberno municipal de Abel Caballero insista en concentrar o investimento “en actuacións monumentais para grandes inauguracións” mentres impón o abandono da meirande parte do territorio

Xabier P. Igrexas: “Ten que deixar de haber vigueses e viguesas de segunda, utilizando os recursos do Concello para atender toda a cidade e dar resposta ás necesidades da veciñanza viva onde viva”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas reunido con veciñanza de Coia

O BNG de Vigo esixe a fin do abandono de Coia e propón un “Plan Cidade” con 50 millóns para atender todos os barrios e parroquias

A fronte nacionalista mantivo unha xuntanza con representantes da AV Camiño Vello de Coia, da FAVEC e con veciñanza das rúas Caldas, Bueu e Moaña, recollendo as súas queixas polo continuado “maltrato e abandono” que padecen do Goberno municipal

Demanda accións urxentes para actuar no estado ruinoso de beirarrúas e escaleiras públicas, mellorar o mantemento e limpeza das zonas axardinadas e resolver a existencia de fugas de augas fecais

Xabier P. Igrexas: “A cidade non se reduce a uns poucos ‘proxectos monumentais’ de Caballero; as 300 mil viguesas e vigueses merecen atención en todos os barrios”

Ler novas
Novas
Estado de abandono na Praza do Balado

O BNG de Vigo denuncia o estado de abandono da praza do Balado tras un ano coas obras paralizadas

A fronte nacionalista pide ao Goberno municipal que aclare se recibiu o informe de Patrimonio, pola aparición de restos arqueolóxicos, e coñecer cando se van retomar os traballos de humanización

Xabier P. Igrexas: “Un exemplo máis da política de grandes titulares de Caballero, que unha vez marchan os focos da propaganda o que queda é a escuridade do abandono”

Ler novas