abandono
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG critica que Caballero presuma do gasto millonario no ascensor HALO mentres mantén no abandono aos barrios de Vigo

A fronte nacionalista reclama máis investimentos nas parroquias e lembra que as necesidades da cidade son máis que grandes obras e inauguracións no centro

Denuncia que tres de cada catro promesas e anuncios son “propaganda”, diante da permanente inexecución orzamentaria do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Mentres o alcalde fachendea dese millonario ascensor de Star Trek, mantén un muro a medio caer durante máis de tres anos no Freixeiro ou segue sen dotar duns aseos á ETEA demandados desde hai seis”  

Ler novas
Novas
IMG_20190530_180929_373

Xabier P. Igrexas: “O PP debeu ter comezado a campaña en Vigo pronunciando un ‘perdón’ tan grande como enorme foi o abandono da  Xunta de Feixóo”

O portavoz municipal do BNG advírtelle aos populares que fracasarán na súa estratexia de “ocultar con promesas unha década de incumprimentos” coa principal cidade de Galiza. “As viguesas e vigueses temos memoria”.

A fronte nacionalista chama a que o voto decisivo das viguesas e vigueses faga posíbel o “cambio galego” liderado por Ana Pontón, no que Vigo se converta no motor de todo o País.

Ler novas
Novas
DSC_0003

Xabier P. Igrexas: “No 2020 o Concello de Vigo ten que pasar da política do autobombo a atender as necesidades reais da cidade”

  • O concelleiro do BNG en Vigo chama a dedicar máis medios e esforzos para facer fronte á situación de emerxencia social da cidade, apostar por unha mobilidade sustentábel e moderna, reverter a desertización cultural, redobrar os esforzos para despregar políticas radicalmente feministas e máis participación e diálogo.
  • “O mellor que lle pode pasar a  Vigo e a Galiza é desaloxar a Alberto Núñez Feixóo da Xunta”, defenden desde a fronte nacionalista, denunciando o “abandono deliberado” que o Partido Popular aplica contra a principal cidade galega. 
Ler novas
Xunta
IMG_20190530_180908_818

O BNG esíxelle á Xunta de Galiza a fin do abandono de Vigo

  • O concelleiro electo do BNG, Xabier P. Igrexas, dirixiu un escrito ao Delegado Territorial da Xunta en Vigo, reclamando unha rectificación e instando ao Goberno galego a deixar de utilizar o enfrontamento co Concello como "coartada para desatender a principal cidade de Galiza".
  • O Bloque sostén que "o desplome electoral sen precedentes do PP o 26M en Vigo é unha censura rotunda as políticas antisociais, antigalegas e de abandono da cidade aplicadas por Feixóo" e chama os populares a tomaren "boa nota". 
  • Igrexas enumera 20 cuestións que urxe desbloquear e demanda a destitución do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo pola súa nefasta xestión.
Ler novas