alameda
Novas
Araucaria da Alameda coas luces a finais de maio

O BNG de Vigo pregunta a Caballero se hai que acudir ao Seprona para que retire o alumeado de nadal da araucaria da Alameda

A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar os adornos desta árbore singular, situada nuns xardíns catalogados que contan con especial protección. Lembran que a instalación vulnerou a ordenanza de Medio Ambiente.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero debe explicar que clase de fobia ten contra o arboredo que xustifique continuar afogando con luces de nadal a araucaria a finais de maio”.

Ler novas
Novas
IMG_20220320_134345

O BNG de Vigo chama a poñer fin ao «esperpento» de manter a finais de marzo as estruturas de nadal na Alameda

A fronte nacionalista subliña que os xardíns da alameda son un ben cultural catalogado e, xa que logo, obxecto dunha protección integral.

Xabier P. Igrexas: «A irresponsabilidade do Goberno local e a deliberada inacción da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta están a permitir a degradación deste importante ámbito no corazón da cidade»

Ler novas