Novas
O BNG de Vigo propón un programa municipal de alimentos diante do agravamento da crise e da pobreza
07/dec./2022
A fronte nacionalista insiste en redobrar esforzos desde o Concello para protexer aos sectores máis vulnerábeis destinando máis de 1,8 millóns de euros a este programa, a mesma cantidade que o Goberno municipal quere dedicar a subvencionar voos a Londres
Xabier P. Igrexas: “Facémolo na certeza de que as familias empobrecidas de Vigo merecen ben máis as axudas públicas do Concello que as grandes empresas aéreas”