Xunta
Xabier P. Igrexas: “É insultante que o Sergas peche 3 de cada 10 camas hospitalarias en Vigo cunhas listas de agarda insoportábeis”.
29/xuño/2019
- O concelleiro do BNG urxe a que o Sergas rectifique esa decisión para garantir unha atención sanitaria de calidade tamén durante o período estival.
- A fronte nacionalista volve demandar que se reverta o modelo privatizador imposto polo PP no hospital Álvaro Cunqueiro, cando se veñen de cumprir catro anos da súa posta en marcha.