Novas
O BNG insta desde Vigo ao resto de forzas políticas a impedir que a nova lei de cambio climático desertice as actividades sustentábeis do complexo mar-industria
22/mar./2021
A fronte nacionalista presentou unha emenda transaccional para diferenciar as actividades ambientalmente sustentábeis do complexo mar-industria de outros usos “nocivos e contaminantes” que non poden continuar no litoral.
Denuncian a campaña de “falsidades e mentiras” do Partido Popular coa que tentaron “terxiversar de maneira ridícula” a posición do Bloque sobre o proxecto de lei, e o "silencio covarde" de PSOE e Unidas Podemos sobre o artigo 18.