aqualia
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que Abel Caballero pretende “estafar de novo a cidade” cunha nova prórroga da xestión privatizada da auga

Acusa ao Alcalde de faltar á súa palabra e de regalarlles outro gran negocio a Aqualia mentres Vigo paga o recibo da auga máis carod e toda Galiza

A fronte nacionalista defende poñer fin á privatización do servizo e no Pleno esixirá que a prórroga sexa “polo tempo imprescindíbel e nin un minuto máis” para que o Concello constitúa unha empresa pública municipal que asuma a xestión integral do ciclo da auga

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización permitiría priorizar o servizo público sobre o lucro privado, cunha mellor planificación, tarifas máis xustas e favorecendo a participación e o control cidadán sobre un ben esencial”

Ler novas
Novas
Rotura de tubaxes en Coia (Fotos_Cristo da Vitoria)

O BNG urxe resolver os problemas na rede de subministro de auga en Coia pendentes dende 2019

A fronte nacionalista denuncia a falla de mantemento e renovación por parte de Aqualia, que afecta a diferentes barrios da cidade cada semana e que derivou en graves roturas de tubaxes nas rúas Garda e Porriño nos últimos días

Xabier P. Igrexas: “A prórroga coa que Caballero agasallou a Aqualia non se traduciu na mellora do servizo malia que Vigo teña un dos recibos de auga máis caros do Estado”

Ler novas