atención primaria
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe á Xunta o reforzo de persoal nos centros de saúde para evitar un novo verán de “colapso sanitario”

A fronte nacionalista advirte de que xa se están a incrementar as esperas para citas médica, con demoras de máis de 15 días, e advirte do risco de saturación do PAC e das urxencias hospitalarias

Considera especialmente preocupante o impacto da falla de persoal na atención pediátrica e para as persoas maiores e con enfermidades crónicas

Xabier P. Igrexas: “A enfermidade non colle vacacións e o dereito á saúde tampouco, por iso hai que blindar a Atención Primaria que é a columna vertebral da sanidade publica”

Ler novas
Novas
PAC de Pizarro

O BNG de Vigo esixe reforzar o PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis para facer fronte ao colapso sanitario

Alerta do desbordamento que se padece na rede sanitaria pública, con máis de 600 pacientes nunha xornada nas urxencias hospitalarias e doentes atendidos en camas nos corredores

Demanda dotar os PAC con atención pediátrica especializada para evitar a sobrecarga do Hospital Álvaro Cunqueiro

Xabier P. Igrexas: “A saturación da Atención Primaria e o colapso das Urxencias evidencian o fracaso do nefasto modelo sanitario do PP en Vigo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe que a Xunta rectifique a “estafa” do CIS Olimpia Valencia: “É un recorte encuberto”

Denuncia o plan do Goberno galego de abrir este novo centro en 2026 -prometido como un reforzo da Atención Primaria- cun 20% menos do persoal previsto, con ningunha nova contratación e retirando os servizos pediátricos de varios centros de saúde da cidade

Xabier P. Igrexas: “Non podemos aceptar que o PP volva castigar Vigo como banco de probas para os seus nefastos experimentos cos que maltrata a sanidade pública”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo rexeitará no Pleno a “estafa” da Xunta de facer do CIS Olimpia Valencia un novo ‘Isabel Zendal’

Denuncia que o Sergas pretende abrir o novo Centro Integral de Saúde sen facer ningunha nova contratación e cun 20% menos do persoal da dotación prevista

Alertan de que a centralización dos servizos pediátricos compromete a continuidade asistencial que recomenda a OMS

Xabier P. Igrexas: "Non podemos permitir que a cidade de Vigo sexa o permanente banco de probas das nefastas políticas sanitarias do Partido Popular"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Alexandra Fernández reunidos con representantes sindicais da Comisión de Centros da área sanitaria de Vigo

O BNG de Vigo rexeita a “estafa” de converter o novo CIS Olimpia Valencia nun Isabel Zendal sen persoal

A fronte nacionalista oponse aos plans do PP de abrir o Olimpia Valencia a costa de pechar dous centros de saúde da cidade e con persoal derivado doutros ambulatorios, após unha xuntanza con representación sindical da Comisión de Centros da área sanitaria

Alerta sobre a pretensión da Xunta de concentrar neste novo centro a atención pediátrica

Alexandra Fernández: “Venderon a apertura como un gran avance para rematar co colapso da Atención Primaria, mais agora vemos que foi unha auténtica mentira”

Xabier P. Igrexas: “O PP de Alfonso Rueda quere facer outra vez de Vigo o banco de probas dos experimentos cos que xogan coa saúde das viguesas e dos vigueses”

Ler novas
Novas
Centro saúde de Navia

O BNG urxe reforzar os centros de saúde en Vigo para evitar un novo colapso durante a vaga de gripes

A fronte nacionalista volve reclamar un “xiro radical” nas políticas sanitarias da Xunta do PP diante da “situación límite” na Atención Primaria da cidade nos últimos anos

Xabier P. Igrexas: “Tras o relevo na dirección de Atención Primaria da área de Vigo, desde o BNG temos que insistir en que é necesario moito máis que un cambio de caras”

Ler novas
Novas
Centro de saúde Casco Vello Vigo

O BNG denuncia o colapso da sanidade pública en Vigo este verán: “A Xunta do PP xoga coa nosa saúde”

A fronte nacionalista alerta de demoras de até 19 días nos centros de saúde, de recortes na atención pediátrica polas tardes e de saturación no PAC e nas Urxencias hospitalarias

Xabier P. Igrexas: “Para o PP as viguesas e os vigueses non temos dereito a enfermar en verán nin as persoas con doenzas crónicas merecen un seguimento en condicións”

Ler novas
Novas
Centro saúde de Navia

O BNG alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a redución de horarios nos centros de saúde

A fronte nacionalista demanda á Xunta un plan de reforzos urxente para evitar un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados nos ambulatorios de Pintor Colmeiro, Navia e Lavadores durante o período estival

Alexandra Fernández: “Hai un problema estrutural provocado por unha planificación neglixente do Sergas, que sabe que cada verán hai vacacións do persoal”

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir nin un minuto máis estas políticas do PP que queren empurrar a un cada vez maior número de persoas a contratar seguros privados”

Ler novas
Novas
Concentración da AV Teis pola falla de persoal no centro de saúde

O BNG alerta no Parlamento galego da “situación límite” do centro de saúde de Teis por falla de persoal

A fronte nacionalista denuncia que están sen cubrir un terzo das prazas de médicos e médicas de familias e con menos da metade do persoal facultativo necesario polas tardes

Alexandra Fernández: “Para a veciñanza de Teis contar con médico ou médica no seu centro de saúde é máis unha lotaría que un dereito garantido”

Xabier P. Igrexas: “Parece que para o PP as viguesas e os vigueses non podemos enfermar en verán, con recortes tamén en Coia, Navia, Pintor Colmeiro ou Matamá”

Ler novas