bibliotecas
Novas
Biblioteca Neira Vilas, no Calvario

O BNG de Vigo propón abrir tres novas bibliotecas en 2023 como inicio dunha rede municipal en todos os barrios

No Día das Bibliotecas, a fronte nacionalista pide unha aposta decidida pola cultura en Vigo, que só ten unha biblioteca municipal cando debera contar cun mínimo de 20 para cumprir coas recomendacións dos principais organismos internacionais

Lamenta que o goberno de Caballero só teña aberto salas de lectura na última década, abandonando o proxecto iniciado polo BNG coa posta en marcha da biblioteca Neira Vilas

Xabier P. Igrexas: “Reiteramos a necesidade urxente de corrixir esta deficiencia, a nosa cidade precisa despregar desde xa unha ambiciosa rede municipal de bibliotecas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de Vigo

O BNG reprocha as continuas promesas incumpridas do Goberno municipal coa Biblioteca do Estado en Vigo

_A fronte nacionalista lembra que o alcalde leva 15 anos anunciando esta infraestrutura, con até nove localizacións distintas, sen que exista a día de hoxe ningún avance

_Formula unha emenda á moción do PSOE, que pedía o apoio da Xunta para a biblioteca, para instar ao goberno do Estado a aprovisionar unha partida real para a súa construción

Xabier P. Igrexas: «Vai camiño de ser a biblioteca do conto da leiteira pola falla de vontade dos sucesivos Gobernos españois e dunha evidente falla de xestión municipal»

Ler novas
Pleno
Xabier P. Igrexas durante o Pleno municipal

Xabier P. Igrexas: “A acción do Goberno municipal de Vigo raia na estafa política: promete, anuncia e publicita pero non fai”

O concelleiro do BNG de Vigo advirte no Pleno da “baixísima execución orzamentaria” do Concello, con seis de cada dez euros do presuposto municipal sen executar a falta dun trimestre para o remate do ano.

A moción presentada pola fronte nacionalista para estabelecer un Plan de Promoción da Lectura e unha rede municipal de bibliotecas foi rexeitada polos votos do grupo socialista.

Ler novas
Cultura e Lingua
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa no Concello de Vigo

O BNG propón un Plan Municipal de Promoción da Lectura en Vigo que inclúa unha rede de bibliotecas nos barrios

A fronte nacionalista recorda que a última biblioteca pública inaugurada na cidade foi impulsada polo BNG en 2011, e desde aquela o Concello só abriu tres salas de lectura.

Solicita un mínimo de 20 bibliotecas municipais, para cumprir as recomendacións dos organismos internacionais, comezando coa demandada pola veciñanza de Teis.

Xabier P. Igrexas: "A lectura é a porta de entrada á cultura e as bibliotecas son un potente instrumento para democratizar o acceso ao coñecemento das clases populares e traballadoras".

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide a Caballero un compromiso real en favor do libro e da lectura en lugar de “palabras ocas”

A fronte nacionalista demanda que se retome a posta en marcha dunha Rede Municipal de Bibliotecas, iniciada en 2011 coa Neira Vilas no Calvario, un Plan local de promoción da lectura e axudas ás librarías da cidade.

Xabier P. Igrexas: “As salas de lectura de Caballero son espazos diáfanos, que parecen sacados dun catálogo de Ikea, que só teñen mesas e cadeiras, pero nas que non hai nada que ler”.

Ler novas
Novas

No día das bibliotecas o BNG de Vigo lamenta que o Concello non abrise ningunha desde 2011

Xabier P. Igrexas: “Non se pode chamar bibliotecas a salas, como as de Bouzas, o Auditorio Mar de Vigo ou Navia, que só teñen mobiliario e nas que non hai nin libros nin persoal bibliotecario”

A fronte nacionalista anuncia que, de cara aos orzamentos municipais de 2021, proporán unha partida para poñer en marcha 3 novas bibliotecas en diferentes barrios da cidade.

Ler novas
Goberno local
libros

O BNG de Vigo demanda a posta en marcha dun Plan Municipal de Animación á Lectura

  • A fronte nacionalista reclama tamén que o Goberno municipal colabore, destinando os recursos necesarios, para que os espazos e salas de lectura existentes nos centros veciñais e culturais da cidade fiquen abertos e accesíbeis a toda a veciñanza.
  • O concelleiro Xabier P. Igrexas chama a avanzar en facer de Vigo “unha cidade lectora” e defende o libro como “chave e porta de entrada á Cultura”.
Ler novas