cambio climático
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG urxe unha Estratexia Local para avanzar cara a un Vigo moito máis verde e sustentábel

A fronte nacionalista chama a facer efectiva a declaración da situación de emerxencia climática na cidade, aprobada en setembro de 2019 por unanimidade do Pleno municipal

Aposta por impulsar un novo modelo de mobilidade, de xestión dos residuos e por medidas de protección dos montes locais, do litoral vigués e do río Lagares

Xabier P. Igrexas: “O compromiso firme do BNG é impulsar un Vigo con futuro que só pode ser verde”

Ler novas
Novas
cambio climatico

O BNG insta desde Vigo ao resto de forzas políticas a impedir que a nova lei de cambio climático desertice as actividades sustentábeis do complexo mar-industria

A fronte nacionalista presentou unha emenda transaccional para diferenciar as actividades ambientalmente sustentábeis do complexo mar-industria de outros usos “nocivos e contaminantes” que non poden continuar no litoral.

Denuncian a campaña de “falsidades e mentiras” do Partido Popular coa que tentaron “terxiversar de maneira ridícula” a posición do Bloque sobre o proxecto de lei, e o "silencio covarde" de PSOE  e Unidas Podemos sobre o artigo 18.

Ler novas