cercanías
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno municipal de Vigo

Xabier P. Igrexas: “O BNG imos seguir dando a batalla por un tren de cercanías en Vigo a pesar da oposición de Caballero”

A fronte nacionalista reprocha que o grupo municipal socialista se opuxese á moción na que reclamaban a posta en marcha dun tren de proximidade a nivel metropolitano, a mellora da rede de media distancia e a axilización da saída sur con Porto.

Desde o Bloque recalcan que “as necesidades das viguesas e vigueses nin comezan nin acaban no tren de alta velocidade con Madrid”.

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas en rolda de prensa

O BNG pedirá no Pleno un tren de cercanías na área de Vigo e axilizar a conexión de alta velocidade con Porto

A fronte nacionalista reclama modernizar as redes ferroviarias interiores ante o abandono do Goberno español e solucionar as deficiencias actuais nos trens de media distancia.

Xabier P. Igrexas: “As necesidades das viguesas e vigueses non acaban na conexión de AVE con Madrid. Queremos un tren que vertebre a nosa realidade metropolitana, que nos conecte mellor co resto de Galiza e que nos permita liderar a Eurorrexión”.

Ler novas